Dolmen Novo Milenio é unha escultura de Silverio Rivas do ano 2000 situada no Parque da Música en Santiago de Compostela, fronte ao Auditorio de Galicia. A obra inaugurouse no marco das celebracións da Capital Europea da Cultura do ano 2000.